31/5/11

Aire negro - Agustin Fernández Paz



Aire Negro de Agustín Fernández Paz, trata dun psiquiatra chamado Víctor Moldes, que nos relata os feitos polos cales abandonou a súa profesión e que fai que viva infeliz.

Cando este doutor comeza a traballar na cínica chamada Beira Verde, atende a Laura, unha muller que se lle borrou a memoria. Pasa o día escribindo o seu nome, o doutor pon en practica una nova terapia que se basa na lectura, deste xeito Laura comenza a recordar e o doutor dille que escriba todo o que se lle pase pola cabeza.

Laura recorda a presencia dunha negra sombra na súa vida. Así pouco a pouco vai recordando, o paso por Madrid, lugar onde fracasou a súa relación sentimental con Miguel e, tamén a súa escapada por Galicia á Casa Grande de Lanzós e a Carlos Valcárcel, un home que lle trae moitas lembranzas do pasado, no instituto (Pontedeume-Coruña) onde se namorou do mestre. Un traslado do seu pai levaa a Coruña e tamén a separa do seu amor. De ahí, que para Laura supoña unha porta aberta, ó seu mundo descoñecido, facer unha viaxe a Galicia para intentar reencontrarse coa natureza e,  quen sabe si tal vez co seu mestre. Pero tamén supón reencontrarse cos medos, coas supersticións rurais da man de Moncho, o caseiro da casa rural, que polo seu aspecto físico e da cor vermella do seu pelo, xiran ó redor da porta do inferno nos montes de S. Simón (troulas del).

Despois do medo que sentiu Laura volve a Madrid. Alí é onde rompe con Miguel e volve a Lanzós onde continúan as súas teimas ata chegar a unha neurose obsesiva.

O doutor Moldes, despois de ler a historia, intenta axudar a Laura, recollendo información, reconstrue a viaxe de Laura, pero só atopa misterio e, por si fose pouco Laura desaparece sen deixar rastro.

O doutor, por toda esta historia, leva anos convivindo só coa infelicidade de non saber de Laura, e non ter resolto o caso.